Este poemario de Rosalía Fernández Rial, baixo a luz da loita feminista, resulta tan poliédrico, del despréndense tantas focalizacións que confío en que a través destes subliñados enxerguedes algunhas.
SUBLIÑADOS DE ÁRBORES NO DESERTO Rosalía Fernández Rial
Ao ser raíces, as súas mans
fixeron da superficie
un lugar profundo (13)
………………………………………….
para agromar de novo
na infinda potestade de crear (15)
…………………………………………..
coa ledicia humana
de saberme
besta salvaxe (17)
………………………………………….
a persoa
que quero construir en min (21)
………………………………………….
Co cerebro obstruído,
como idearemos
saídas de emerxencia? (27)
……………………………………………
Porque sodes a mesma muller sen rostro,
sen nome.
E se nos creamos? (31)
…………………………………………..
Así hoxe vexo,
nos seus ollos,
que o teu retrato
son eu (31)
………………………………………….
Só os símbolos
da arte
outorgan
significado
á especie que somos (41)
…………………………………………
Sen nunca moverse, a palabra venceu (43)
…………………………………………
Unha muller pariu
a hominización,
a Historia pide
que a volvan contar (43)
………………………………………
Arranca o poema,
levanto o temporal (47)
……………………………………….
sinfonías
de auga e vendaval (49)
……………………………………….
converxe co das demais insurxentes
no océnao intanxible
da emancipación (50)
………………………………………..
un atlas de mulleres
tan salvaxes coma min (52)
………………………………………..
Considero que a cabeza
é a espada da muller ( 77)
…………………………………………
Entre a fisura
segada de min a ti (79)
…………………………………………
fomos
terreo de contenda (83)
……………………………………….
da poeta faro,
mística da luz (88)
………………………………………
os conceptos só resplandecen
cando as palabras arden (89)
……………………………………….
Cuestioneino todo
e deconstruínme:
no remate das respostas
medroume dentro a filosofía,
último auxilio das exiliadas (93)
……………………………………….
Ningunha poeta sobrevive
a que cale o derradeiro verso (99)
……………………………………….
só aquilo
que non se percibe de ti
define quen es (101)
………………………………………..
un planeta enteiro
acontece aquí (103)
………………………………………..
Preciso que o veleno da arte me paralice,
para sufrir a metamorfose da metáfora (111)
…………………………………………
as nosas palabras podencambiar o mundo (Malala,117)