PRIMEIRO CERTAME DE MINICONTOS FERRADURA EN TRÁNSITO

Viewing 1 post (of 1 total)
  • Author
    Posts
  • #3967
    Xosé Manuel Eyré Val
    Guest

    CERTAME FERRADURA EN TRÁNSITO DE MINICONTOS

    Bases:

    Os minicontos deberán conter 33 palabras, nin unha máis nin unha menos. Presentaranse asinados con pseudónimo, enviándoos ao correo lavlav@ferradura.gal

    Para a escrita poden utilizarse calquera das normativas galegas, ou o portugués. Os minicontos deberán ser orixinais. Non se admitirán máis de tres por autoría.

    O tema é libre.

    A data de presentación é desde hoxe até o 25 de decembro.

    A composición do xurado anunciarase oportunamente, xusto canda a súa decisión e lugar de celebración do acto de entrega.

    O premio consiste nun xamón e unha birra.

    Dáse por entendido que quen participe acepta estas bases.

    (Aclaración: Non confundir miniconto con microrrelato. O microrrelato é un texto no cal non se conta ningún enredo, abéirase ao microensaio, pois consiste nunha xenialidade ou ocorrencia da autoría. Recoméndase a lectura de Nin che conto, onde se aclara todo isto con máis vagar, non se o atoparán nas librarías, en internet si)

Viewing 1 post (of 1 total)
  • You must be logged in to reply to this topic.
Skip to content