- This topic has 0 replies, 1 voice, and was last updated 1 year ago by .
Viewing 1 post (of 1 total)
Viewing 1 post (of 1 total)
- You must be logged in to reply to this topic.
Tagged: certame, miniconto, miniconto-ferradura en tránsito- literatura hiperbreve, PRIMEIRO CERTAME DE MINONTOS FERRADURA EN TRÁNSITO
CERTAME FERRADURA EN TRÁNSITO DE MINICONTOS
Bases:
Os minicontos deberán conter 33 palabras, nin unha máis nin unha menos. Presentaranse asinados con pseudónimo, enviándoos ao correo lavlav@ferradura.gal
Para a escrita poden utilizarse calquera das normativas galegas, ou o portugués. Os minicontos deberán ser orixinais. Non se admitirán máis de tres por autoría.
O tema é libre.
A data de presentación é desde hoxe até o 25 de decembro.
A composición do xurado anunciarase oportunamente, xusto canda a súa decisión e lugar de celebración do acto de entrega.
O premio consiste nun xamón e unha birra.
Dáse por entendido que quen participe acepta estas bases.
(Aclaración: Non confundir miniconto con microrrelato. O microrrelato é un texto no cal non se conta ningún enredo, abéirase ao microensaio, pois consiste nunha xenialidade ou ocorrencia da autoría. Recoméndase a lectura de Nin che conto, onde se aclara todo isto con máis vagar, non se o atoparán nas librarías, en internet si)