CASTELAO, PROTAGONISTA
Título: As illas dos deuses
Autor: Serafín Parcero
Editorial: Xerais
Poñer un escritor ou escritora reais como protagonista, adoita chamar a atención de posíbeis lectoras ou lectoras. Non é frecuente. E, o tratarse de figuras xa coñecidas, actúa como un grande estímulo á hora de interesarse por ese determinado discurso. Xa non diganos se o protagonista da ficción é o mesmo Castelao! Porén, témolo dito moitas veces, iso tamén represnta un reto nada doado, pois quen le comparará sempre o discurso ficticio coa obra do escritor ou escritora correspondente ficcionalizado. Comparanza na cal a autoría actual se ten que amosar especialmente destro e eficaz no labor narrativo, cousa que non sempre acontece..
É o que temos aquí, nesta Illa dos deuses coa que Serafín Parcero se estrea como novelista. Un Castelao, xusto despois de pronunciar a súa Alba de Gloria; un Castelao xa próximo, moi próximo, á morte, a quen un asasino da Falanxe pretende matar; contra o cal un asasino da falanxe pretende atentar, pois é Castealo unha persoa moi significada como inimigo da Hespaña posterior ao Golpe de Estado franquista. E pouco máis quremos desvelar da trama. Se tal, indicar que entre os dous, Castelao e o asasino da Falanxe, se establece unha loita dialéctica…que deriva nunha relación dialéctica interpersoal na cal os dous lembran un pasado que finalmente compartiron, na Illa de Ons, un verán no cal ao enfermizo Castelao lle recomendan instancias médicas que repose, que descanse e de despreocupe, para o cal escolle a Illa de Ons.
Esta é a proposta narrativa que se ofrece nesta novela. Que, como é lóxico ao tratarse da primeira novela deste autor, é unha novela de formación autorial, cousa que non debe esquecerse e se notará na lectura.
Hai que dicir que o mellor momento da novela é precisamente esa viaxe á Illa (de Ons). Cun Castelao pouco falador, pouco falador e que mide moi ben o que vai dicir, e un barqueiro que resultará ser unha das personaxes máis logradas, un home xa entrado en anos, que fora pescador e agora gaña os cartos transportando mercadorías. E xunto con el, ao seu nivel de boa configuración, o carretreiro Avelino, carreteito que leva as mercadorías deica a cantina da Illa, tamén persoa de poucas falas. O carrreteiro e, despois, Aurora, unha moza adolescente (imaxinamos), orfa de nai, que é en realidade quen leva a casa, quen coida do irmán (máis novo ca ela) e do borrachuzas do seu pai. Son as personaxes mellor logradas.
Como hai que dicir que o discurso cae nun exceso de retórica moi perigoso. Primeiro porque leva o narrador a un uso absolutamente desmedido do adxectivo, porque o narrador cae nunha moi difícil de xustificar teima en usar a adxetivación, sexa esta pertinente ou non. Atopar, a estas alturas do século XXI, unha autoría que se decante por unha adxectivación tan desmesurada, tamén é unha auténtica novidade no panorama narrativo actual; mágoa que sexa tan desmesurada, mais quen guste de narrativas moi retóricas…aquí ten un bo título. Porque esa retórica non se manifesta unicamente no narrador ( que acada os melores momentos cando esquece ser tan retórico), senón que se traslada ás personaxes. O narrador, decatándose da situación, trata de xustificar esas persoanxes (o taberneiro, ou o Fuxido, os dous mellores exemplos) facendo que se trate de xentes que comezaron estudos superiores mais foron malos estudantes. E nin así. Nin así, o exceso de retórica no seus parlamentos, nos seus diálogos, fai que sexan personaxes pouco críbeis, excesivamente “literaturizados”. Mesmo idealizados, como caso do asasino falanxista redimido na conversa con Castelao. De verdade pode existir un asasino redimido?
Ademais, os diálogos das personaxes son frecuentemente interrompidos polo narrrador, de maniera enfadosa, pois evitan, cortan, o ritmo expositivo no argumentario en que se manifestan.
Sendo esta a primeira novela do autor, cabe agardar mellores discursos no futuro. Menos teimudamente “exóticos” no uso da adxectivación -e non imos lemmbrar agora tantísimas advertencias sobre seu uso-, por iso menos retóricos e máis narrativos, e tamén, tamén cunha mellor dosificación da información. Aínda que aquí a confluencia temporal narrativa, entre o verán na Illa e o “atentado” contra Castelao está ben logrado.
Agardemos, pois.
ASDO.: Xosé M. Eyré