CONTRA O MICRORRELATO, DENUNCIA EN FERVOR E ESCÁNDALO DA RAG

Porxmeyre

12/11/2023

CONTRA O MICRORRELATO, DENUNCIA EN FERVOR  E ESCÁMDALO DA RAG

Sexamos, de inicio, moi claros. Non van ler vostedes, a seguir, nada en contra das Hiperbrevidades, senón do uso que se está a facer delas.

Sexamos moi claros, a maioría da xente utiliza microrrelato ou micro-relato como sinónimo de miniconto e microconto. E non o son, nin moito menos. Este si vai ser o eixo desta denuncia en fervor. Denuncia en fervor porque son xa demasiados anos denunciando e remendando o mal uso desta terminoloxía, o cal ten implicacións na teoría literaria e tamén políticas, si, políticas. A ignorancia non exime do delito.

Cando publiquei, aló polo 2009, o Nin che conto título que homenaxea a revista arxentina Ni te cuento, especializada nesta nova práctica escritural (fíxense en que non digo xénero) o meu propósito era dotar a Literatura Galega dun mínimo e clarificador corpus teórico, xusto nun momento en que as Hiprebrevidades eran (e aínda son) a vangarda máis potente na práctica escrita (fíxense que non digo literatura, porque vai máis alá). Pois ben, deste xeito, con este corpus, pretendía que o sistema literario galego non ficara fóra da vangarda internacional, adiantándoa a países como Portugal e toda a Lusofonís. Italia, Francia, Alemania etc.

Ás veces un xa non sabe nin para quen escribe, pois o libro foi máis lido e tido en conta fóra da Galiza ca nela. Triste. Así foi e así é. E destas nubes, a chuvia ácida da ignorancia que provoca toda a corrosión que imos ver.

Xa no título do  libro reivindicaba micronarrativa como berce que acollía as Hiperbrevidades. Por que miconarrativa? Por algo moi simple, a poesía leva xa moito tempo absolutamente codificada, por tanto xa existen denominacións para a brevidade poética.

Entre as implicación teóricas á hora de usar micorrelato (en calquera das súas formas) figura a aceptación da sinonimia relato: conto. Fernando Valls foi un dos pais desta confusión, porén nós vivimos na Galiza, terra de excelentes contistas. Non nos interesa para nada esa igualación de xéneros, moi cómoda para @s teóric@s, mais moi empobrecedora para a literatura. No Nin che conto distingo graficamente emtre eles. Por abreviar direi que o conto se diferencia do relato polo remate: o conto ten final pechado, climático desde as apalabras que o conteñen, mentres o relato ten final aberto, anticlimático. Non só a nós, na Galiza, non nos interesa esa equiparación; tampouco na Lusofonía. Téñano moi en conta, porque, finalmente, trátase de seguir cegamente os pasos da literatura castelá, colonizadora, ou os da Lusofonía, que debe ser a noca compaña e referencia.

Velaí teñen. Quen usa microrrelato segue coas orelleiras postas de facer o que fai a literatura castelá, a literatura colonizadora. Mentres o miniconto nos leva de mans dadas coa Lusofonía, onde sempre se empregou esta denominación sen ningún tipo dúbidas.

Convocar un certame literario é doado, abonda elaborar unhas bases e establecer un premio. Non se precisan coñecementos xerais nin literarios, así están as cousas. Temos un bo exemplo no certame de microrrelatos que convoca o Concello de Vilalba polo Día do Libro.

Un que xa é veterano, vai para a XII edición é o de OZOCOGZ .

Mais a paranoia non para nestes exemplos senón que mesmo participa dela a Real Academia Galega.

E isto xa se volve intolerábel. A RAG participando activamente no seguídismo orelleiro madrilení en tanto que ignora a produción teórica elaborada na propia Galiza????

Pois si, pois si, pois si.

A RAG actual ten moitos defectos e esta burramia é un dos máis graves. Despois desta exhibición de patriotismo imperial españolista, calquera lle fai caso en nada.

Sen esquecer que o outro convocante é PUNTO.GAL.

E se lemos cun mínimo de atención e rigor as bases chegamos á conclusión de que non saben o que é un microrrelato cando non o distinguen de texto igual ou inferior a 200 palabras. Que tanta ignorancia proceda da RAG nin en paranoia para, pois chega ao noxo semellante exhibición de incultura saída da máxima institución que representa a nosa cultura.

Máis abaixo é difícil caer

Outra cousa son as “categorías” en que pode participar, estipuladas case sempre en función da idade d@ concursante. Sempre me pareceron idiotas no que se refire aos minicontos. Un miniconto pode escribilo igual de ben ou mellor un cativo de doce anos ca un adulto de sesenta.

Ben, dito isto, como queda a cousa?

O microrrelato foi descuberto por Dolores Koch alá polos 70 do pasado século. Mexicanos e arxentinos foron os principais dinamizadores da nova práctica escritural. Desde Borges a Marco Denevi pasando por Leopoldo Lugones ou Ana María Shúa, desde o eido da creación arxentina. David Lagmánovich, tamén arxentino é un dos principais teóricos, el estableceu qye hai Hiprebrevidades que contan unha historia (minicontod) daqueles que non a contan (microrrelatos). Permítaseme esta licenza esclarecedora a sabendas de que tanto na Arxentina como en México a denominación de microrrelato naceu alí e non ten discusión. Pola parte mexicana foi Julio Torri o autor do primeiro microrrelato moderno, E Lauro Zavala un dos principais dinamizadores do estudo das HIperbrevidades, sobre todo do miniconto-microrrelato, pois tampouco en toda América Hispánica impera adenominación de microrrelato xa que tamén hai nacións (por exeplo, Colombia) onde é o miniconto a forma escollida. Luaro Zavala creo e mantivo a revista electrónica el cuento en red, onde se recollían os principais traballos teóricos neste eido. Pechouna cando se decatou de que xa pouca novidade chegaba á revista, repetíndose estudos sobre distintas autorías e pouqiño máis.

Fixo mal, na miña opinión. Non sabía o que lle ía vir enriba, ninguén sabe o futuro.

Hoxe, e desde hai anos, as Universidades castelás paren estudos como se foran chourizos. Non engaden nada substantivo. Limítanse a repetir os aspectos teóricos xa vistos pol@s primeir@s tratadistas, cítanos, non queren caer no plaxio ou no descortés aínda que non sempre o consigan; mais é unha maneira de tapar as achegas teóricas primixenias. Deste xeito Lauro Zavala, David Lagmánovich, Beatriz Espejo, Laura Valenzuela. Laura Pollastri, Francisca Noguerol (española), Dolores M. Koch, Violeta Rojo, Enrique Andersaon-Inbert, Luís Barrera Linares, Raúl Brasca,  Stella Maris Colombo & Graciela Tomassini etc …quedan sepultados pola enxurrada españolista. Que ten finalidade política. Pois hoxe, cando literaturas como a arxentina, a mexicana, a cubana….e todas as americanas que sufriron a colonización española…están reclamando status propio dentro da Literatura Universal   e esta enxurrada teórica é o brazo armado da colonización cultural que é o único que lle queda a España do Imperio. Antes as autorías hispanoamericanas non se consideraban exitosas até que o paso por Europa (Madrid, e non só) as refrendaban. Mais iso xa non así e acendéronse as alarmas.

Pois aí temos a RAG colaborando con toda esta caterva españolista.

Que non ten como  obxectivo só Hispanoamérica. Para algo Inés Andrés Suarez escribiu El Microrrelato en la España Plurilingüe, publicado pola Universidad de Valladoloid no 2018. Tentativa de encadrar a produción nas linguas periféricas (nós preferimos en proceso de colonización) dentro do caixón centralista españoleiro. Polo que se refire a Galiza, bastante desafortunado. Mais iso será motivo doutro libro meu ou dalgún artigo, non podo asegurar nada aínda.

Para remate e que as cousas queden ben claras:

  • a denominación que nos corresponde por familiaridade cultural é de MINICONTO OU MICROCONTO

  • O MINICONTO pode ter unha extensión máxima de páxina e media (arredor das 500 palabras) e de aí para abaixo, cantas menos palabras máis calidade ten o miniconto. Escollemos esta dimensión por ser a que Castelao usou como promedio nas súas Cousas, primeira expresión moderna do miniconto galego. Lauro Zavala estableceu nomenclaturas específicas segundo o número de palabras. Non nos interesa tanta especificaciçon. Abondo temos con que non se confunda co microrrelato

-O MINICONTO debe contar unha historia. É un conto de extensión hiperbreve.

-o MICRORRELATO non conta ningunha historia. Adaptamos deste xeito a distinción que no seu día fixo Lagmánovich e nos parece absolutamente basilar.

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido