crítica de TRÁVELIN, de Antonio Piñeiro, en Xerais.

Porxmeyre

11/02/2023

RECENDOS DOS 80 COMPOSTELÁNS

Título: Trávelin

Autor: Antonio Piñeiro

Editorial: Xerais

Ultimamente, con certa frecuencia, adoito partir dos títulos para describir o contido dos libros, e non vai ser esta unha excepción pois, aínda que non o pareza de primeiras, o título responde exactamente ao que é o libro…se o entendemos en plural ou que ese único trávelin sexa múltiple e opere en distintos escenarios, de aí que titulara estas palabras en plural. En realidade, esta novela, XXVII Premio Lueiro Rey de novela curta, o tal trávelin que todos coñecemos como un movemento de camára, cara atrás ou cara adiante, nunca estático, a partir dos cales se nos describen certos lugares, certos escenarios, en realidade ese trávelin conta con dúas personaxes como obxectivo central, seguindo os seus movementos opera, e cando non así dáse por suposta existencia dese trávelin. Esas dúas personaxes son un xornalista e un policial, como se desta amaneira se quixera homenaxear unha das noveas icónicas dos 80: Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa. Homenaxe ou coincidencia, porque do resto son dous discursos ben diferentes, mentres no de Reigosa hai unha trama criminal que descubrir, nesta Trávelin de Antonio Piñeiro tal trama non é que non exista, de feito o disucrso remata comeza e remata con ela, porén está máis, completamente, en segundo  plano, é a escusa para que o trávelin poida entrar e saír de determinados ambientes vinculados a actividades á marxe da lei, fundamentalmente cosumo de drogas e algo do seu tráfico a pequena escala, non máis.

Deste xeito, o enredo componse de pequenos capítulos que rememoran algúns dos locais de ocio estudantil nocturno máis emblemáticos dos anos 80 do pasado século, os anos da chamada Movida, que, se ben resulta común afirmar que foi viguesa, tivo en Compostela unha manifestación moito máis democrática e plena cá viguesa, por un simple feito: a viguesa era en garaxes e outros locais alternativos nos que facía festa a mocidade ben, na compostelá os alumnos  e alumnas de colexios privados dependían d@s máis humildes que vivían en pisos e así poder evitar a hora de peche dos selectos centros onde moraban. Mais volvamos á novela, nas súas páxinas atopamos o Número K, o Dúplex, Fuco Lois, Papa Upa, Clangor. Galeón, a Ofisina. Tobogán, onde a xente bebía Jack Daniel¨s e fumaba Winston (con ou sen adulterar), na LIberty, a Bolera….o travleling segue os movementos desa mocidade que apura os minutos da vida como se a única finalidade desta fora poñerse para que todo fora de película. Cómpre dcir que, na nosa opinión, hai un certo abuso deses ambientes de desfase, aínda que se trata de evitar, para sermos xustos, todo vén condicionado pola presenza do fío condutor policial-xornalístico. A Compostela dos 80 era moito máis rica en ambientes e lugares, quen lea poderá botar de menos o Dado-Dadá, o ambiente previo de taceo pola Raíña e outros que, 40 anos despois, xa son pura lembranza.

Para acentuar ou complementar esta cineflia nostálxica, Trávelin tamén está atenta a personaxes icónicas da tv. (Jesús Hermida) e tamén aos propios escenenarios onde se proxectaban filmes ou personaxes populares para a mocidade (Leiff Garret). Malia o enredo policial-xornalístico ser só escusa para o movemento de trávelin, hai que dicir que nesta novela curta (na catalogación xenérica do discurso non imos entrar, toda vez que as fronteiras nunca foron tan difusas, hoxe mesmo se falaría de discurso negro) conséguese emocionar a quen vivira aqueles anos 80 onde aínda pairaba certo ar de esperanza social. E hai que dicir tamén que o autor non escribe só por escribir escudado na nostalxia, regala páxinas literariamente brillantes a quen se sinta seducido por este tipo de temática.

ASD.: Xosé M. Eyré

(membro da Asociaición Galega da Crítica)

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido