NOVOS MINICONTOS DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCAMO
Título: Miniaturas e outras dimensións
Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo
Editorial: Galaxia
Sempre é un gozo ler un novo libro onde o miniconto é protagonista central da publicación e non só unha aparición momentánea. E aínda mais nun lugar como Galiza onde a teoría crítica desta nova práctica escritural leva descrita desde 2009. Cando escribín Nin che conto quería que a literatura galega dispuxera de ferramentas teórico.críticas nun momento no cal esta aínda non existía noutras literaturas como na portuguesa ou na italiana, por un sinal. Porén por causas que non é difícil enxergar este tivo máis repercusión fóra da Galiza ca nela, o cal é especialmente grave cando institucións como RAG aínda hoxe non mira par aoutro lados promovendo concursos de microrrelatos cando na Galiza e en toda a Lusofonía o termo correspondente é miniconto mentres microrrelato se aplica en castelán e nen sequera en toda Hipanoamérica.
Mais deixemos este desabafo que calquera poderá comprender ben e entremos de cheo no título que hoxe nos ocupa, Xa no 1992, hai case 25 anos, Xosé María Álvarez Cáccamo dera á luz Microtopofanías (Laiovento),do cal escolmei “ 39 cabalos” para o Nin che conto. O seu contido viña anunciado como estampas, escenas, relatos, apontamentos, bocexos, instantáneas,fragmentos da memoria, invencións. No caso do novo título a denominación de “miniaturas” semella moito máis transparente en canto ao contido do libro; outro termo co cal que desde a Galiza contribuímos a ese inmenso mar de denominacións para os textos hiperbreves, ademais dos contos ultralixeiros, as calcomanías ou a literatura chup-chup.
No caso concreto das miniaturas estas teñen sempre dimensións totalmente asumíbeis polo miiconto – e isinsistimos no termo miniconto porque é a denominación aplicada en toda a galegolusofonía, e non microrrelto que como vimos é propio da tradición castelá. Porén para apodermos falar de minicontos alén da narratividade é imprescindíbel a epifanía, , fronte boa parte da teoría crítica castelá maís actual quenon vai maís alá narratividade. Estes minicontos aconsellan difereciar dous tipos de epifanía (cousa que deica agora ninguén fixera, entre epifanía forte e epifanía leve, sendo a forte á cal lle abonda unha lectura para que esta se manifeste con clareza e a leva a que precisa polo menos dúas lecturas para tal feito. Como exemplo da primeira os minicontos “Extravío”, “Manterse fóra” ou “Autobús”, e mantémola asabendas de que cultura lectora de quen le sempre resulta fundamental e aínda maís nosos de textos hiperbreves.
En cato aos procedementos empregados polo autor xa de primeiras atopamos a ironía e a elipse, para continuar logo coa reescritura da Historia, ambos e dous moi característicos desta práctica escritural, así como quebradura, desdobramento e superposición do tempo mias aquí hai que engadir algo que que mesmo se pode considerar como contributo anovador, ou polo menos moi infrecuente, como é o tempo circular.
E polo que respecta ao contido, alén do que os procedementos xa de por si indican, atopamos a denuncia da represión cultural, cultura que aparece como ameaza, a procura da verdade, a estrañeza dun mesmo, a disolución do eu no soño/tempo, tendo que ver tamén co tempo o titulado “Falsificación” pois recreao o mito de Santo Ero de Armenteira que ficou 300 anos escoitando o canto dun paxaro. Tematicamente e mesmo procedualmente Xosé María Álvarez Cáccamo acha moita rendibiliade nos textos en que aparecen autorías literarias ou personaxes, como é o caso de, xa no segundo miniconto de García Márquez e Cervantes, posteriormente Herman Melville (e o seu Bartleby), para continuar con “Metamorfoses” onde son Kafka ( co seu Gregorio Samsa) e Monterroso; en canto a autorías indivuais, presentes no texto ou evocadas, volve surdir Monterroso no derradeirodos minicontos, antes xa pasaran polas páxinas, Arto Passilina, Mendiño e o xa mentado Melville.
Sirvan estes comentarios como indico tanto da temática como dos procedementos empregados polo autor. Para ofrecer unha análise fonda deles cumpriría moito máis tempo e espazo do que unha recensión permite, nunca é doado facer tal cousa sobre un libro de minicontos. E neste título aínda quedan por comentar as “outras dimensión” que no título se anuncian e que polas dimensións dos textos, segundo a teoría anglosaxoa poden ser considerdos como flash fiction “Un home impuntual”, “Coches” e “ Volver á casa” mentres o resto entrarían na concepción das sudden fictión ou como máximo nas short-short story. Merece especialmente salientar”Vida de Circo” polo seu carácter seriado no cal a primeira terceira parte poderían ser considerados minicontos.
En definitiva, Miniaturas e outras dimensións agradará moito ás persoas amadoras dos minicontos. E quen non sexa ten aquí unha excelente oportunidade para familiarizarse con esta práctica escritural da extrema brevidade ademais doutras dimensión non tan breves e que teoría crítica anglosaxoa tipifica.
E, coma sempre, non merquen só un exemplar; merquen tamén outro para agasallar, agasallar un libro é como recibir un bico.
ASDO.: Xosé M. Eyré Val
(Membro da Asociación Galega da Crítica)

