O MINICONTO NAS BASES DE CONVOCATORIA DE PREMIOS
algo co que me ferve o sangue é coa convocatoria de certames ou premios de microrrelatos. Por que? Ben, primeiro porque se se len as bases quen convoca ten moi pouca, ou ningunha, idea de que é un microrrelato. Convocar é moi sinxelo, mais cómpre saber algo do que se convoca. Por exemplo, a extensión, onde non é o mesmo un microrrelato de 200 palabras que outro de 50, poñamos por caso. Alén diso quen convoca debe saber que a denomincaión de microrrelato pertence a literatura en castelán, e tampouco en todos os países de escrita en castelán. Na tradición galega e lusófona sempre é e foi miniconto, e sen salvedade ningunha.
Convocar é moi sinxelo, xa o dixen, sobre todo, outra vez, cando os premios que se outorgan teñen unha escasa valía económica (lotes de libros, produtos dunha determinada marca, e cousiñas así), coma se por seren textos de extensiónmoi breve só mereceran premios de restroballo. E despois porque estas convocatorias sen xeito, puro seguidismo da cultura castelá, tapan a realidade da cultura galega, onde están descritos desde hai case vinte anos mais parece que só son sensíbeis aos ventos do este (que na cultura galega son os ventos da fame, por certo). E xa, para máis INRI, se a convocatoria parte dun centro de ensino ou asociación “cultural”
Un bo exemplo témolo no Certame Lonxa Literaria de Moaña. Poño este exemplo como podería ser outro. Pode levar o nome de Lonxa Literaria un colectivo que non ten nin idea desta forma escritural tan novidosa (óllese que non falo de xénero) e onde, outra volta para máis INRI, a tradición galega é moi rica, repito: moi rica, rivalizando coa castelá en canto á súa forma moderna.
Ben, pois no devandito certame, aclaran que o título forma parte do texto. Se tiveran mediana idea do que falan xa deberían saber que iso sempre é así, e inclusive hai xoias desta práctica escritural onde o título é moitísimo máis extenso que o texto. Vaia como exemplo este de Luísa Valenzuela:
“O SABOR DUNHA MEDIALÚA ÁS NOVE DA MAÑÁ NUN VELLO CAFÉ DE BARRIO ONDE AOS 97 ANOS RODOLFO MONDOLFO TODAVÍA SE REÚNE COS SEUS AMIGOS OS MÉRCORES POLA TARDE
Qué bon”
Por certo, especifícase que o xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura. Será da literatura galega? E para máis: ese “prestixio” asegura de algunha maneira que teñan coñecemento desta nova práctica escritural, aínda que sexa un “pouquiño”?

