Miña xente, reunido moi reunido en reunión dispersa, o xurado, composto por Inma Otero, Roberto Fernández Álvarez (gañador da edición anterior) e mais quen teclea estas palabras (que ben sabedes quen son), decidimos que o vencedor desta segunda edición é o presentado baixo o pseudo “O Faracho”, que corresponde á autoría de Óscar Guzman. Velaquí tedes o afortunado texto:

Trala liorta Evencio decidiu que xa tocaba rematar con todo. Marchou á funeraria, probou un cadaleito e, conforme, cargouno no remolque do Barreiros. Mentres o facía matinaba en como vestir o seu xemelgo”

E como na presente edición houbo participación lusófona, a partir da seguinte este certame adquirirá a dimensión de INTERNACIONAL

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido