SOBRE AS CONVERSAS DE ANA PONTÓN E MARÍA REIMÓNDEZ
Título: A semente, a árbore, a froita. Ana Pontón en conversa con María Reimóndez.
Autoras: Ana Pontón & María Reimóndez
Editorial: Xerais
Sempre me prougo moito ler libros de conversas. Sobre todo libros de conversas con xente protagonista ou testemuña do noso sistema literario. Permiten coñecer a cara máis humana das persoas entrevistadas e algúns datos adoitan ser de moita utilidade despois no traballo crítico. Neste caso trátase dunha responsábel política. Ana Pontón, cabeza política do BNG. E o meu interese non é menor. Xa leva uns anos á fronte do BNG, certo, porén áinda é unha persoa da que quero coñecer moitas cousas máis. Non se trata de ficción, e polo tanto isto non é unha crítica senón unha aproximación. Poucas cousas podo dicir do aspecto formal: que non é un libro longo (como adoitan ser este tipo de títulos) mais que iso non impide que sexa un libro con fondas reflexións; que me gustaría que ás veces fose máis áxil porque importan máis as respotas que as preguntas e estas ás veces son moi extensas (xa, mais, iso ten o seu contrapunto porque permite unha meirande fondura de análise da que parten as respostas); que encontro magra a terceira parte (“a ábore”), onde se fala do futuro; e que na miña opinión o prólogo tampouco parece tan imprescindíbel, pouco di das condicións en que se realizan as conversas e esta adoita ser a temática súa. E máis nada. Só que eu atopei unha Ana Pontón que dá unha imaxe reflexiva máis que vehemente, unha muller lectora e culta (mais non por iso abusa dos coñecmentos intelectuais), unha muller que analiza as diversas cuestións que se lle propoñen con serenidade (sen que iso supoña abandonar a paixón) e responde con convicción práctica e por iso o seu discurso resulta accesíbel, próximo. Asía vin eu. Unha muller do presente e para o futuro. Son ben sabedor de que as respostas, neste tipo de traballos, non adoitan ser puras trascricións orais, que se ve neceario un proceso de “formalización” das respostas para que así sexan mellor interpretadas por quen le. Mais esas son as conclusión ás que eu cheguei.
Por suposto non faltan os grandes temas sociais e políticos do momento, desde a discriminación por sexo aos problemas da lingua, ás polítixas ambientais e laborais, Ence, Endesa, a pobreza enerxética, as eléctricas, a mobilidade e o transporte, o desmantelamento dos servizos públicos, o racismo ou a inmigración…entre outros moitos.
A continuación vou tare a esta páxina non respostas enteiras ( ben, si hai unha, a derradeira), nin tampouco figurarán as preguntas, só algúns aspectos das respostas que fun subliñando..
“Eu vivín nun espazo monolingüe en galego: a miña familia e toda a contorna falaba na nosa lingua non por unha cuestión ideolóxico-política, senón por unha cuestión natural, histórica, como pasaba naquela altura na maior parte do país” (17)
…………………………….
“Lembro un día en que unha compañeira de clase durante o recreo me recriminou que falase en galego. De feito recordo a frase exacta que me dixo: <A mi háblame bein. Háblame en castellano>. No canto de conseguir os seu obxectivo de humillarme, este comportamento fixo que xermolase en min un sentimento de orgullo” (18)
………………………………
“A miña avoa foi a primeira muller feinista que coñecín, e sementou en min autoestima e unha visón das mulleres afastada dos estereotipos patriarcais” (20)
………………………………
“A participción a nivel de base é clave para formar dirixentes que teñan criterio propio e peso político” (25)
………………………………
“E o que lle dá sentido a participar en política é cambiar aquilo que non aceptamos ou nos parece inxusto. Para conformistas xa están outros.(26)
……………………………..
“(…) por suposto que o espazo público precisa racionalidade, pero a racionalidade sen emoción fátalle unha parte fundamental do seu ser” (30)
……………………………..
“Se imos ao que pode considerarse o nacionalismo contemporáneo, aos primeiros anos do século XX, observamos que naquela altura amosaba posicións politicas moi avanzadas na cuestión da defensa dos dereitos das mulleres” (40)
…………………………….
“Aprender a xestionar a exposición pública e as críticas é un proceso complexo” (53)
……………………………..
“Este é o efecto de non ter poder político e ter as institucións galegas ocupadas por un partido político acomplexado e que practica o cosmopaletismo. Só valoran o propio cando triunfa fóra das nosas fronteiras” (55)
…………………………….
“Poden os dereitos fundamentais ser revogados por unha decisión maioritaria? Iso é o que fixo Feijóo para xustificar a súa política lingüicida (…) ou é o que está facendo a dereita en temas que teñen xerado moito debate social como o da prisión peranente “ (61)
……………………………
“Pola miña banda entendo a política doutro xeito: dende a honestidade, dende a clareza nas ideas e tamén na capacidade de escoitar e manter unha interlocución social, mais sen renunciar a defender aquilo no que acreditas.”(62)
………………………….
“Se queremos desenvolver todo o potencial que ten Galicia, necesitamos gañar soberanía, poder político para transformar con máis forza a nosa realidade e acabar co espolio da nosa riqueza” (72)
………………………….
“Somos unha sociedade moi dinámica en moitos ámbitos, mais tamén contraditoria. Aínda que sexa un pouco tópico,si é certo que ás veces vexo zonas que, pola propia inercia económica e social, amosan un certo desánimo colectivo”. (82)
…………………………..
“Penso que o valor da diversidade, a horizontalidade entre todas as linguas e culturas é un elemento definitorio do nacionalismo galego”.(89)
………………………….
“Pero é máis funcional culpabilizar as persoas migrantes que poñer ofoco nos dereitos sociais” .(96)
………………………….
“Nese sentido, dende o BNG imos ofrecerlle á sociedade galega un proxecto amplo, inclusivo e alternativo; un proxecto pensado dende Galiza, sen ataduras nin subordinación a Madrid e que aposte por modernizar o país, por buscar solucións adaptadas á nosa realidade, por poñer a producir a nosa riqueza e crear emprego de calidade, pola igualdade e a blindaxe dos dereitos sociais; un proxecto que empodere a lingua galega e traballe un novo status político para Galiza, acorde co feito de sermos unha nación”. (101)
………………………..
“Co secuestro da RTVG o que se fai é secuestrar unha parte consubstancial da democracia” (102)
………………………..
“Hai moitas medidas que me parecen importantes e urxentes para recuperar Galiza. En todo caso, teño claro que entre as primeiras medidas estaría a derrogación do decreto da vergoña que pon atrancos ao uso do galego no ensino, un pacto pola ciencia e a innovación, co obxectivo de situar Galiza como referente nese ámbito, eliminaría as axudas aos centros do Opus Dei que segragan por sexo, prorizaría como cambiar o modelo forestal, formulando unha moratoria na plantación de eucaliptos mentres non se aprobase un novo plan forestal; apostaría por incrementar os fondos destinados a loitar contra a violencia machista, poñería en marcha un plan Retorna para darlle oportunidade de volver á xente que tivo que marchar, reclamaría que o Estado pagase a débeda en materia de dependencia, poñería en marcha un Plan de Mellora de Atención Primaria e apostaría por activar medidas contra a emerxencia climática.” (112)
ASDO.: Xosé M. Eyré