1.-A ficción mínima conta máis do que di. Presenta unha particular e nova gramática semántica.
2.-Non respecta nin obedece as leis que rexen o mundo real, nin ás prescripcións xenéricas.
3.-Nin ao xeito tradicional de ler, non require continuidade no acto da lectura, pero si moita imaxinación.
4.-Estimula a ilusión por soñar, abéirate á bendición da fantasía, ela é a única verdade universal, a única dimensión non contaminada pola arrogancia racional humana.
5.-Dubida de todo, non existen certezas absolutas, non hai regras.
6.-Estás preparado para o inaudito?.
7.- Lembra, contar unha historia é suxerir outra. O autor suxire, pero o auténtico dono da historia é o lector, ti es quen lle dá forma definitiva na túa mente, o dono do infinito.
8.- Perde o medo, apaixónate, libérate, reacciona, crea: le.
9.-Que non che importe esquecer rapidamente o lido, cada nova lectura dará do texto outra versión distinta: os textos mínimos varían segundo o contexto que ti lles proporciones.
10.-Es libre. Follea, segue a orde que ti queiras. Pero, despois de ler, rele e non perdas detalle, cuestiónate todo, pregúntate por todo.
SOBRE MIN
AQUÍ VAS ATOPAR
- CRÍTICA LITERARIA (487)
- ESCRITA CREATIVA (1)
- LIBROS DE CONVERSAS (2)
- LITERATURA MOZAMBICANA (1)
- MINICONTOS VENCEDORES DO CERTAME DE MINICONTOS (1)
- NARRATIVA BRASILEIRA (3)
- PÁXINAS (13)
- PEN(S)ARES (1)
- POESÍA ANGOLANA (1)
- POESÍA BRASILEIRA (2)
- POESÍA BRASILEIRA DE MULLER (49)
- POESÍA GUINEANA (1)
- POESÍA PORTUGUESA (10)
- TEXTOS VENCEDORES DO CERTAME DE MINICONTOS FERRADURA EN TRÁNSITO (1)
- Uncategorized (14)
- ESCRITA CREATIVA (1)
POR SE QUEREDES ESCOITAR
SON DE POETAS
Páxinas
- Acerca de
- ALGUNHAS ESTRATEXIAS DRAMÁTICAS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
- AUTOFICCIÓN, AUTOREFERENCIALIDADE E REALISMO: A ESCRITA DE NON NON FICCIÓN
- Clarice Lispector entrevista a Nélida Piñón
- Contacto
- CONTRA O MIRORRELATO. DENUNCIA EN FERVOR E ESCÁNDALO DA RAG
- DA DISTOPÍA NOS TEMPOS DE HOXE
- DECÁLOGO DO ESCRITOR DE LITERATURA MÍNIMA
- DECÁLOGO DO LECTOR
- DECÁLOGO PARA ESCRIBIR LITERATURA MÍNIMA
- DEZ CONSELLOS PARA LER LITERATURA MÍNIMA
- ESTRATEXIAS DRAMÁTICAS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
- GUIA PEDAGÓXICA DE “OU AS DÚAS ESTAREDES MORTAS”
- LEMBRADE QUE
- O CONTO MÁIS BREVE DO MUNDO
- REFLEXIÓNS SOBRE A DISTOPÍA NA NARRATIVA ACTUAL
- TIPOS DE LECTURA, TIPOS DE LECTOR/INTERACCIÓN COA ANIMACIÓN Á LECTURA
Publicidade

PEN(S)ARES
A COLONIZACIÓN PERFECTA
Chove e trona sobre a nosa Terra, sobre a nosa cultura. Porén mentres nos obsequien paraugas tanto nos ten, e moito menos se os que zoqutean por Ferrol din que son dos nosos.
Así andamos, a ver quen ten o seteparroquias máis grande.
Mais non, a lama que vós creastes habédela comer enteira.
Para iso está en marcha a revolución dos que xa non temos nada que perder entre tanto bullero.
Queredes entrar na nosa cabeciña para facela vosa.
Porén nos sabemos que hai que mirar con quen se anda para non errar.
A única derrota é a dos navíos. En nós só cabe bogar para vencer.
OLLARES
Publicidade

PREMIOS LITERARIOS
Velaquí os que figuran na páxina da AELG,, se sabes dalgún que non estea aí deixa un comentario e engadímolo
PUBLICIDADE

Histórico
PUBLICIDADE

Publicidade
Anúnciate aquí e axúdame a manter este blogue
