Bases:

  1. Os minicontos deberán ter unha extensión máxima de 33 palabras, nin unha menos nin unha máis
  2. Poderán estar redactados en galego ou portugués
  3. Deberán ser enviados ao correo lavlav@ferradura.gal
  4. Admítense até 4 minicontos por participante
  5. A composición do xurado será revelada cando se anuncie a gañadora ou gañador
  6.  Establécese un prazo de presentación deica o 1 de febeiro de 2026, ás 00,00 horas
  7. O premio consiste nun SEÑOR XAMÓN, un caderno personalizado co nome do gañador ou gañadora e un bolígrafo personalizado co nome de Ferradura en Tránsito II, diploma, e tamén contaremos co agasallo de cortesía de Adegas Lareu, consistente nun estuche con tres botellas de Sabatellius.
  8. O premio será entregado na sede permanente para a entrega do premio deste certame, no Pazo de Sabadelle. No caso de que @ premiad@ sexa de fóra da Galiza dialogaremos para encontrar a mellor maneira de que lle chegue